|
EVENTO
- Titulo: Clubs de lectrura en Vigo
- Organizador: Implicadas No Desenvolvemento
- Área de actuación: Cooperación
- Página web: http://www.implicadas.org
- Fecha del evento: Del 29/11/07 al 29/05/08
- Precio: Gratis
-
A experta en xénero Ana Míguez estará presente no primeiro club de lectura solidaria
de Implicadas en Vigo
A sesión, arredor do libro Coma se non existise, de Slavenka Drakulic, terá lugarno local de Implicadas (Camelias, 49 – escaleira) este xoves ás 20.30 horas
Este xoves día 29, ás 20.30 horas, o local de Implicadas no desenvolvemento(Camelias, 49 - escaleira) acollerá o primeiro dos clubs de lectura organizados por IND, uns encontros participativos destinados a persoas amantes da lectura e preocupadas polos problemas do mundo. Nesta primeira sesión analizarase e debaterase o libro Coma se non existise de Slavenka Drakulic (na súa tradución a galego editada por Xerais), na que estará presente Ana Míguez para contribuír ao debate coas lectoras e lectores, en calidade de experta en xénero e presidenta da asociación ALECRÍN, un grupo de estudos sobre a condición da muller e asociación feminista sen ánimo de lucro. Aquelas persoas que queiran inscribirse nos clubs de lectura, de xeito totalmente gratuíto, aínda poden facelo chamando ao 886111911, aínda que cómpre lembrar que para poder participar no Club de Lectura é necesario ter lido todo ou unha parte do libro a debate. A análise do libro farase sobre o seu contido e non sobre a súa calidade literaria, pois de os clubs de lectura non pretenden ser un foro de persoas expertas, senón de persoas que soñan un mundo diferente, máis xusto e solidario
PRÓXIMAS CITAS
21 de febreiro de 2008, 20.30 horas: O son das buguinas, editado por Implicadas no desenvolvemento (no que a través dos relatos de Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz, An Alfaya, Marilar Aleixandre, Dolores Ruíz, Fran Alonso e María Reimóndez, e do traballo gráfico de Xulia Barros e Paco Vila se rememoran as causas e consecuencias da tsunami de decembro de 2006).
24 de abril de 2008, 20.30 horas: Calella sen saída, de Víctor Omgbá.
29 de maio de 2008, 20.30 horas: Ninguén está só, obra editada por Amnistía Internacional na que colaboraron 21 autoras/es.
- Más información
|