|
EVENTO
- Titulo: Clubs de lectura 2007/2008
- Organizador: Implicadas No Desenvolvemento/A Cova da Terra
- Área de actuación: Cooperación
- Página web: http://www.implicadas.org/www.covadaterra.org
- Fecha del evento: Del 07/11/07 al 04/06/08
-
Implicadas/os no desenvolvemento (IND) e a Cova da Terra-Kandaharia presentaron o 29 de outubro en Lugo a segunda edición dos clubs de lectura, uns encontros participativos destinados a persoas amantes da lectura e preocupadas polos problemas do mundo. A segunda edición, que segue ao éxito dos encontros celebrados ao longo de 2007, constará de catro xornadas nas que se debatirán diferentes libros, sempre no local da Cova da Terra, sito na Rúa Nóreas, número 12 de Lugo, ás 20.30 horas.
Para a primeira das sesións, a do mércores 7 de novembro ás 20.30 horas, proponse a lectura previa do libro-dvd editado por Implicadas no desenvolvemento O son das buguinas (Edicións Xerais), que a través dos relatos de Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz, An Alfaya, Marilar Aleixandre, Dolores Ruíz, Fran Alonso e María Reimóndez, e do traballo gráfico de Xulia Barros e Paco Vila se rememoran as causas e consecuencias da tsunami de decembro de 2006. Implicadas prestará os libros de balde a aquelas persoas que desexen participar nos clubs sen mercalos.
As citas de 2008 A segunda sesión, a celebrar o mércores 16 de xaneiro de 2008 tamén ás 20.30 horas, a lectura escollida para debater é Ninguén está só (editorial Tris Tras), un libro editado por Amnistía Internacional no que colaboraron 21 autoras/es. O terceiro encontro terá lugar o mércores 26 de marzo de 2008, e nesta ocasión a lectura proposta é a tradución a galego publicada por Xerais de A voda, de Carson McCullers. O peche á segunda edición dos clubs de lectura será o mércores 4 de xuño de 2008, no que se reflexionarás sobre o libro Usha (edicións Xerais) de María Reimóndez, finalista do premio Merlín en 2006.
As persoas que queiran participar nos clubs de lectura poden acudir as citas e lugar sinalados sen necesidade de inscribirse e de xeito totalmente gratuito. A análise do libro farase sobre o seu contido e non sobre a súa calidade literaria, pois os clubs de lectura non pretenden ser un foro de persoas expertas, senón de persoas que soñan un mundo diferente, máis xusto e solidario.
- Más información
|